Sociedade de Beneficencia e Protección Mutua

Sociedade de Beneficencia e Protección Mutua, fundada o 24 de xuño de 1928, por D. Antonio Couzo García, ortigueirés, natural da parroquia de San Adrián da Veiga e un grupo de conveciños emigrados a esta cidade.
Posúe o panteón máis grande de América Latina, na Necrópolis Cristobal Colón, conta con tres plantas, dúas delas soterradas e unha capacidade de 716 nichos de enterramento e máis de 5000 osarios.